- BASES DO SORTEO «100 € DE COMBUSTIBLE AO MES DURANTE 12 MESES»
- BASES DO SORTEO «VALE DE 100 € PARA CONSUMIR NOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA ASOCIADOS»
BASES DO SORTEO «100 € DE COMBUSTIBLE AO MES DURANTE 12 MESES»
1. ORGANIZADOR
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER), con domicilio social en Carballo, organiza o sorteo denominado «100 € de Combustible ao Mes durante 12 Meses» no marco da feira Berocasión 2026.
2. OBXECTO
O presente sorteo ten como finalidade promocionar a feira Berocasión 2026 e incentivar a participación dos visitantes.
3. ÁMBITO TEMPORAL
Poderase participar durante os días 28, 29 e 30 de agosto de 2026, dentro do horario de apertura da feira: 10:00-14:00 e 16:00-20:00 h
4. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que merquen un vehículo nos días de feira nalgún dos concesionarios participantes na mesma, e que cubran correctamente a papeleta habilitada para o efecto. Debe depositarse na urna correspondente durante a celebración da feira.
Non serán válidas as papeletas incompletas, ilexibles, deterioradas ou que conteñan datos falsos.
5. PREMIO
O premio consistirá en 12 vales de combustible de 100 € cada un, por un valor total de 1.200 €, que serán entregados ao gañador segundo as condicións establecidas pola organización e pola empresa colaboradora. Os vales canxearanse unica e exclusivamente na Estación de Servizo Shell As Labradas (Avenida Artes, 59 – As Labradas. Carballo).
O premio é persoal e intransferible e non poderá ser trocado polo seu valor en metálico.
6. SORTEO
O sorteo realizarase o día 30 de agosto de 2026 as 19:00 horas durante a celebración de Berocasión.
Extraerase unha papeleta gañadora e, adicionalmente, dúas papeletas suplentes para o caso de non ser posible localizar ou validar a participación da persoa premiada.
7. COMUNICACIÓN DO PREMIO
A organización contactará coa persoa gañadora a través dos datos facilitados na papeleta.
Se transcorridos 10 días naturais non fose posible contactar coa persoa premiada ou esta renunciase ao premio, pasarase á primeira persoa suplente e así sucesivamente.
8. PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais facilitados serán utilizados exclusivamente para a xestión do presente sorteo e para contactar coa persoa gañadora.
9. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación neste sorteo implica a aceptación íntegra das presentes bases.
BASES DO SORTEO «VALE DE 100 € PARA CONSUMIR NOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA ASOCIADOS»
1. ORGANIZADOR
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER) organiza o presente sorteo no marco da feira Berocasión 2026.
2. OBXECTO
O sorteo ten como finalidade fomentar a participación dos visitantes na campaña de promoción vinculada aos establecementos de hostalería asociados.
3. ÁMBITO TEMPORAL
Poderase participar durante os días 28, 29 e 30 de agosto de 2026 mediante a entrega das papeletas na urna ubicada no stand de AXOBER. As papeletas serán distribuídas polos establecementos participantes. Listado de establecementos participantes publicado en www.berocasion.com
4. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que cubran correctamente a papeleta e a depositen na urna habilitada para tal fin.
Non serán válidas as papeletas incompletas, ilexibles, deterioradas ou con datos falsos.
5. PREMIO
O premio consistirá nun vale por importe de 100 € para consumir nos establecementos de hostalería asociados participantes na campaña.
O premio non poderá ser trocado por diñeiro en efectivo.
6. UTILIZACIÓN DO PREMIO
O vale deberá consumirse en calquera dos establecementos participantes antes das 23:59 horas do 31 de Outubro de 2026.
No caso de que o importe consumido sexa inferior ao valor do vale, non se devolverá a diferenza en metálico.
7. SORTEO
O sorteo realizarase o día 30 de agosto de 2026 as 19:00 horas, durante a celebración de Berocasión.
Extraerase unha papeleta gañadora e dúas suplentes.
8. COMUNICACIÓN DO PREMIO
A organización contactará coa persoa gañadora mediante os datos facilitados na papeleta.
Se transcorridos 10 días naturais non fose posible contactar coa persoa premiada ou esta renunciase ao premio, recorrerase ás persoas suplentes.
9. PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais facilitados utilizaranse exclusivamente para a xestión deste sorteo e a comunicación coa persoa gañadora.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación neste sorteo implica a aceptación íntegra das presentes bases.
LISTADO HOSTELERÍA PARTICIPANTE SORTEO
| RESTAURANTE AS GARZAS |
| CERVECERÍA BOMBONERA |
| KORNER CARBALLO |
| RESTAURANTE A TABERNA |
| RAXERÍA RÍO SIL SL |
| CAFETERÍA A MILAGROSA FORUM |
| CERVECERÍA BEOS |
| CAFETERÍA DANIEL`S |
| PUB GOAT |
| A NOVA FERRADORA |
| STARS BAR |
| BAR CHANS |
| BAR FOMENTO |
| BAR GALICIA |
| BAR RANQUI |
| CAFETERÍA CARACOLA |
| CAFETERÍA PAZO DA CULTURA |
| DOLCE CAFÉ CARBALLO |
| FOGAR XUVENTUDE SL |
| HOTEL ALDA PUNTA DEL ESTE SL |
| MALO SERÁ |
| MESON DO PULPO |
| NARUA |
| PARRILLADA A LAREIRA |
| PIZZERÍA O VESUVIO |
| PUB O PATACÓN |
| RESTAURANTE CIMA |
| RESTAURANTE HÓRREO |
| RESTAURANTE SAN LORENZO |
| CERVECERÍA SAN JUAN |
| CAFÉ BAR 1909 |
| BAR PALESTRA |
| TABERNA D JOUS |
| A CUNCA |
| LEVOLLO |
| MELAO |
| NEIRA RESTAURANTE |
| MARABÚ |
