FEIRA DE VEHÍCULOS DE OCASIÓN
Berocasión regresa ao Rego da Balsa de Carballo cunha exposición de máis de 500 vehículosA feira, organizada por AXOBER, celebrarase os días 28, 29 e 30 de agosto
O parque do Rego da Balsa, de Carballo, acollerá os días 28, 29 e 30 de agosto a 21ª edición de Berocasión, a maior feira ao aire libre de vehículos de ocasión de Galicia. O evento está organizado por AXOBER, coa colaboración do Concello de Carballo e da Deputación da Coruña.
En total participarán 17 expositores da zona o que supón unha ampla representación do tecido empresarial local vinculado ao sector da automoción. Durante os tres días, expoñeranse máis de 500 vehículos entre os que haberá turismos, SUV, comerciais, modelos de diferentes gamas e adaptados a todo tipo de necesidades e orzamentos. A feira ofrece unha oportunidade única para mercar vehiculos revisados, con garantía e entrega inmediata.
Ao remate da feira, o domingo día 30 ás 20:00 horas, realizaranse varios sorteos. Entre eles destaca o sorteo dun ano de combustible gratis, cun máximo de 100€ ao mes e a canxear na Estación de Servizo Shell As Labradas, entre todas aquelas persoas que merquen o seu vehículo durante os días da feira.
VILAS RAMA – CITRÖEN
MIGUELAUTO.ES
DIMOLK – PEUGEOT
ANTAMOTOR – NISSAN
BERCAUTO
JGCAR AUTOMÓVILES
REBALCARS AUTOMÓVILES
TALLERES JUAN LEMA
CORGAL AUTOMÓVILES – KIA
CENTAUTO MOBILITY – BESTUNE – SWM – YOOUDOOO
HYUPERSA – HYUNDAI
PS AUTOMOCIÓN CARBALLO
GARVI AUTOMÓVILES
BALSACAR
FAMAUTOS
PENSADO MOTOR – ŠKODA
FERVICAR AUTOMOCIÓN
Para Diego Iglesias, presidente de Axober, esta nova edición de Berocasión “reafirma o compromiso co sector da automoción, un dos piares económicos da comarca, ao tempo que consolida o evento como un importante dinamizador económico, apostando polo comercio de proximidade e reunindo nun mesmo espazo ás empresas da zona para facilitar o contacto directo coa clientela”.
---
Será entre todas as persoas que merquen o seu vehículo durante a feira que se celebra os días 28, 29 e 30 de agosto no Parque Rego da Balsa de CarballoA 21ª edición de Berocasión, a feira de vehículos de ocasión ao aire libre máis grande de Galicia, ten este ano como novidade dous sorteos dirixidos a dinamizar tanto o sector da automoción como a hostalería local, cun valor conxunto de premios de 1.300 euros.
Por unha parte, todas aquelas persoas que merquen o seu vehículo en calquera dos 17 expositores participantes durante os días da feira – 28, 29 e 30 de agosto – participan no sorteo dun ano de combustible gratis. Para iso, deberán cubrir debidamente unha papeleta que lle entregarán no momento da compra e despositala nunha urna que se instalará no recinto feiral.
O premio consistirá en 12 vales de combustible de 100 euros cada un, ata un total de 1.200 euros, que se poderán canxear exclusivamente na Estación de Servizo Shell As Labradas, en Carballo. O sorteo realizarase o día 30 de agosto ao remate da feira.
Sorteo na hostalería localAdemais, Berocasión reforza nesta edición a súa vinculación co tecido económico da contorna a través dun segundo sorteo en colaboración coa hostalería local. Esta semana comezouse a
distribuir nos locais participantes (bares, cafeterías e restaurantes da zona) as papeletas que entregarán xunto coa consumición.
Neste caso, o premio será un vale de 100 euros para consumir nos establecementos hostaleiros asociados. As persoas participantes deberán cubrir a papeleta e depositala na urna instalada no recinto durante os días da feira. O sorteo tamén se realizará o domingo ao remate da feira.
Desde a organización destacan que estas iniciativas “buscan incentivar a participación cidadá e,ao mesmo tempo, apoiar sectores clave da economía local, como a automoción e a hostalería, xerando sinerxías entre ambos”.
