Berocasión regresa ao Rego da Balsa de Carballo cunha exposición de máis de 500 vehículos
A feira, organizada por AXOBER, celebrarase os días 28, 29 e 30 de agosto
O parque do Rego da Balsa, de Carballo, acollerá os días 28, 29 e 30 de agosto a 21ª edición de Berocasión, a maior feira ao aire libre de vehículos de ocasión de Galicia. O evento está organizado por AXOBER, coa colaboración do Concello de Carballo e da Deputación da Coruña.
En total participarán 17 expositores da zona o que supón unha ampla representación do tecido empresarial local vinculado ao sector da automoción. Durante os tres días, expoñeranse máis de 500 vehículos entre os que haberá turismos, SUV, comerciais, modelos de diferentes gamas e adaptados a todo tipo de necesidades e orzamentos. A feira ofrece unha oportunidade única para mercar vehiculos revisados, con garantía e entrega inmediata.
Ao remate da feira, o domingo día 30 ás 20:00 horas, realizaranse varios sorteos. Entre eles destaca o sorteo dun ano de combustible gratis, cun máximo de 100€ ao mes e a canxear na Estación de Servizo Shell As Labradas, entre todas aquelas persoas que merquen o seu vehículo durante os días da feira.
